Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Ahí ven o maio, de aprendizaxes cuberto

Un pouco tarde, pero xa está lista a entrada de maio. Foi un mes moi axetreado, onde tivemos que traballar a tope na nosa investigación. Mais o esforzo valeu a pena, pois avanzamos un montón e aprendemos moitísimas cousas sobre o noso Sistema Solar. E iso non e todo, fixemos moitisimas máis cousas, como as que imos explicar a continuación.

O tema principal deste mes, foi o avance na nosa investigación. Estudamos a Mercurio e os seus cráteres, aproveitamos a explicación do que é un satélite para falar tamén de unidades e decenas, falamos sobre os distintos planetas, as capas da nosa atmosfera, meteoritos, comezamos a traballar nunha maqueta a escala do noso Sistema Solar, viaxamos polos aros de Saturno... Todo, grazas a colaboración inestimable das familias, as que unha vez máis agradecemos a súa boa disposición para axudar sempre que o solicitamos.

Tamén celebramos o día das Letras Galegas, honrando a Luisa Villalta. Falamos sobre ela, estudamos a súa vida e a plasmamos nun mural moi primaveral no que resumimos toda a información aprendida en distintos marcos. Eses marcos acompañaronse dunha decoración floral que fixeron os compañeiros de alternativa con cartón e témperas, mesturando cores para obter as que necesitabamos.

Celebramos as Lecturas na Carballeira, onde presentamos o noso mural a comunidade educativa e explicamos todo o aprendido. Pero iso non é todo, tamén nos encargamos de ir polo noso concello pegando os carteis para anunciar o evento. Unha vez máis, agradecemos aos veciños e veciñas de Campo Lameiro que nos deixaron pegar os carteis nas ventás dos seus negocios.

O Porco Espín Serafín non baixou o ritmo, e semana a semana segue sorprendéndonos cos xogos e libros máis chulos na nosa mochila viaxeira. Así que temos que estar moi atentos, porque Serafín pode deixar a mochila lista en calquer sitio, incluso no pavillón!

Continuamos regando as nosas cebolas, que están a piques de florecer. Pero tamén asumimos unha nova responsabilidade, pois agora tamén somos os encargados e encargadas de regar as plantas aromáticas da entrada, tarefa que nos tomamos moi en serio e estamos facendo todos os días.

Celebramos o aniversario de Mateo, que cumpliu catro anos. E tal e como merece a ocasión, elaboramos unha camiseta chulísima e unha tarta deliciosa. Todo isto, acompañado de unha festa de cumple e unha chea de apertas que amosan canto nos queremos entre compañeiros e compañeiras.

Introducimos aínda máis xogos de mesa, de feito xa temos tantos que son suficientes para xogar tamén cos nosos compañeiros e compañeiras de EI2. Foi xenial xuntarnos para xogar por equipos, ao mesmo tempo que adquirimos aprendizaxes de xeito práctico.

Pode ser que os planetas fosen os protagonistas estes mes, pero tamén hai que decir que aproximadamente a metade dos días do mes os pasamos encerrados na aula de plástica. Non so para os temas relacionados co Sistema Solar, senón para unha chea de actividades artísticas que pronto levaremos recopiladas a casa.

Fixemos tamén o experimento do mes do maio, que está en proceso de grabación. O motivo? Os resultados están tardando máis tempo do agardado, pero como ben di o refrán: "A paciencia e a nai da ciencia", así que agardamos poder ensinarvos o proceso o máis cedo posible.

Este mes tamén presenciamos as últimas "fugas" das letras que viven na nosa clase. Iso si, estas últimas letras como a "Ñ" deixaron uns recordos do máis ricos. Sen dúbida valeu a pena o esforzo de buscar todas e cada unha delas!

A piques estamos de rematar o curso! E tamén o noso proxecto "Revolucionarias". Xa estudamos a vida de máis de cincuenta mulleres que, coas súas aportacións, fixeron do mundo un lugar mellor. Pronto amosaremos a recopilación de todas elas, pero o mellor que podemos sacar de esta actividade, e poder visibilizar a importancia que as mulleres tiveron, teñen e terán sempre para as nosas vidas.

Pero non todo foron alegrías, tamén despedimos a nosa auxiliar de conversa, Abbie. Foi xenial contar con ela, e poder traballar o inglés con ela como guía. Agardamos unha visita cando poidas Abbie!

E así chegamos ao caixón desastre de actividades que non teñen unha categoría, pero que disfrutamos facendo. Xeralmente son actividades para traballar a estimulación sensorial, a lectoescritura contextualizada, a lóxica matemática, a poesía... Un pouquiño de todo, pois para iso esta a Educación Infantil, para coñecer ben o mundo que nos rodea e todo o que ofrece.

E pechamos a entrada con plastilina e os nosos menús saúdables. Sobra dicir canto nos gustan todas as actividades que implican manipular plastilina, tan só tedes que ver as caras dos nenos e nenas para confirmalo!

Vémonos nun mes coa derradeira entrada do curso!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 26 invitados conectados.