Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) - Nutrirecreos 2024

Que somos un centro no que se fomentan os hábitos saudables, xa o sabiamos. Pero se ademais de comer san, é divertido e podemos optar a un regalo, as nosas merendas ben se merecen unhas liñas.

Nesta 4ª edición dos "Nutrirecreos" a participación foi, se cabe, máis alta ca anterior, o que quere dicir que este proxecto de centro está cumprindo co obxectivo de fomentar a alimentación saudable durante a xornada escolar.

Aquelas merendas máis variadas e equilibradas tiñan premio. o alumnado cun maior número de merendas saudables por mes recibía unha insignia, que podía ser supersaudable, hipersaudable e ultrasaudable. A final de curso faciamos reconto, e o alumnado cun maior número de insignias recibiría un premio en forma de xogo para o verán. A falta dun mes para rematar o curso e a entrega de premios, observamos unha gran participación a un cambio nos hábitos alimenticios de certos alumnos, o cal é moi positivo e demostra que este proxecto funciona. Aínda temos moito que mellorar, pero este é o camiño. Ademais, cas insignias "residuos cero", estamos a concienciar ao alumando da importancia de xerar menos residuos para reducir a contaminación.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.