Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) E ademais... no mes de maio tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de maio, en INFANTIL 2, sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Tamén comezamos a traballar na creación do vídeo-documental do noso proxecto de investigación sobre os peixes, o segundo produto final, do que vos daremos cumprida conta nunha futura entrada.

     

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado/a continuou a ser o/a responsable de completar o calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

   

Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores",  organizados pola Biblioteca do centro. Nestas semanas os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º viñeron a lernos contos.

 

 

Participamos un curso máis, xunto aos compañeiros e compañeiras do colexio en "Lecturas na carballeira".

Nesta ocasión contaríamos a vida da homenaxeada polas Letras Galegas "Luisa Villalta", para o que creamos un mural coa liña da "súa vida".

     

Uns ensaios na clase antes de "actuar" diante de todo o mundo na "Carballeira do Concello"

     

Así de ben o fixemos, ata recibimos aplausos das familias e veciños que asistiron á celebración.

Máis información sobre esta edición de "Lecturas na carballeira" dipoñible na seguinte ligazón:

Biblioteca escolar: (2023-2024) VIII EDICIÓN DE LECTURAS NA CARBALLEIRA 

    

Seguimos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

   

Levamos a cabo un experimento con flores e colorante, o últmo deste curso. Nesta ocasión serían os compañeiros de Infantil 1 os encargados de rodar o vídeo do mesmo.

Podes ver os vídeos que creamos, de cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

     

Cada venres participamos no préstamo de libros para casa,  empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil. 

       

Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas. Comezamos a segunda volta, posto que todos e todas xa a leváramos para casa.

   

Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

        

Exploramos o noso potencial creativo son difrentes técnicas de plásticas.  . 

    

Despedímonos de Abby, a "auxiliar de conversa" que nos acompañou ao longo dete curso.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 39 invitados conectados.