Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de maio

Ao rematar o mes de maio, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos MATEO, quen foi o encargado de escoller unha tarta do noso libro de receitas.

Seguindo os seus pasos crearíamos unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.

Xunto aos compañeiros e compañeiras da súa aula, preparou a camiseta de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!

      

Cos ingredientes que trouxera, días antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.   

    

Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.  

    

Cando chegou o día da celebración preparamos a mesa para os nosos convidados e convidadas, contanto cantos pratos, vasos e garfos precisaríamos.

Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.

    

Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz".

     

E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.

Estabo boísima!!!

   

Rematamos a festa con zume, gusanitos e patacas fritidas para compartir entre todos e todas.

      

No mes de xuño celebraremos os últimos aniversarios deste curso, así como dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos no verán.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.