Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Xornada de iniciación ao golf

O pasado xoves 16 de maio, dirixímonos ao Campo de golf de Meis para recibir unha clase de iniciación ao golf. Destacar que estas xornada están enmarcadas dentro do programa Xogade, que este ano ofertou deportes menos coñecidos e practicados como poden ser o remo ou o golf. 

Despois dunha viaxe de 45 min, chegamos ao campo. O día non acompañaba moito, pero finalmente puidemos facer a práctica sen impedimentos. 

Xa no campo, os coordinadores da actividade ensináronnos as instalacións. 

Despois dun breve tour polas instalacións tocaba aprender a técnica básica para realizar un gran golpeo. Dividímonos en dous grupos, un realizaría golpeos longos, e o outro, curtos no green. Pero, primeiro debiamos atender ás explicacións con moita atención.

Turno para os golpeos longos

Turno para os golpeos curtos

Interesante e divertida xornada na que aprendemos e desfrutamos dun novo deporte para nós! Repetiremos!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 21 invitados conectados.