Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Un mes que vale por dous, entrade para ver todo o que fixemos en abril!

Ola, ola! Xa estamos de volta coa entrada de abril. Algúns estaredes pensando que fai moito tempo que non subimos unha entrada de aula. O motivo é que o mes pasado o profe tivo un problema co seu teléfono e perdeu todas as fotos... Pero non pasa nada! Porque como di o título da entrada, abril foi un mes que valeo por dous, e se non o credes, aquí tedes as probas!

Continuamos coidando o invernadoiro, asegurándonos que as nosas cebolas tivesen sempre auga suficiente para medrar ben fortes. Pero iso non foi todo, pois agora tamén estamos coidando das plantas aromáticas da entrada, encántanos axudar a ter un cole máis bonito!

Fixemos ademáis os experimentos de marzo e de abril; no primeiro fixemos vermes de escuma; e no segundo, mesturamos cola con mentos para comprobar que sucedía. Foi moi interesante e divertido, e dentro de moi pouco poderedes ver o último experimento do curso na páxina do cole. Así que atentos as nosas publicacións!

Coma sempre, o calendario levounos a facer actividades tan variopintas como pintarnos a cara como aborixes americano, aprender máis sobre as comunidades autónomas do noso país, figuras tridimensionais, as manchas dos guepardos... e moito máis!

Pero non todo é traballar, os xogos están moi presentes na nosa aula, e cada semana introducimos un novo. O uso destes xogos e importantísimo, pois non só son unha oportunidade de pasar un bo rato en grupo, senón que aportan unha enorme cantidade de aprendizaxes. De feito ese é o obxectivo, aprender xogando!

E tras unha larga espera, xa estamos traballando a tope a temática dos planetas. Tan só queda un trimestre, así que nos puxemos as pilas e este mes fixemos de todo: decoramos a porta acorde a temática, repartimos os planetas que cada neno e nena van investigar, fixemos carnets de astrónomos, buscamos fotos dos planetas en internet, rexistramos as prendizaxes, falamos sobre exoplanetas, fixemos a Terra con filtros de café e Saturno aprendendo as mesturas de cor que resultan en distintos tonos de marrón... Incluso tivemos unha visita moi especial dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo para aprender máis sobre as capas da Terra. Todo isto, grazas a colaboración dos profes Jose Luis, Zaira e Marta que nos axudaron a que moitas destas actividades sairan adiante a perfección.

Pois si, os nenos e nenas de EI1 son uns expertos en planetas. E por se tiñades algunha dúbida, aquí os tedes compartindo algúns dos seus traballos:

Entre todos os frentes que temos abertos, hai unha constante que traballamos todos os días: a lectoescritura. Dende lecturas curtas no recreo, a rexistros de diverso tipo e outros usos funcionais; usamos calquer oportunidade que se presenta para practicar. Todos e todas avanzaron un montón, e o máis importante, o fan ao seu ritmo, respetando sempre o punto no que se atopan neste proceso.

E por se fora pouco, mentres todo isto sucede o Porco Espín Serafín non deixa de facer das súas! Cada semana a mochila viaxeira agardanos na biblioteca, cunha nota de Serafín e moitas sorpresas dentro da mochila.

Seguimos descubriendo as letras e os seus olores, aínda que a estas alturas do curso, poucas hai que non coñezamos. Unha actividade sinxela e divertida coa que buscamos traballar dende un enfoque sensorial e manipulativo ao mesmo tempo.

E por suposto, unha das nosas actividades favoritas, o menú saudable da semana. Xa levamos feitos tantos que empezan a ter moi boa pinta... imos ter que empezar a poñer avisos de que son de plasti e non se poden comer!

Outra constante e o traballo artístico, e este mes destacamos unha actividade que desfrutamos moito. Utilizando papel estampado, e baseándonos en obras de outros pintores, fixemos os nosos propios "cadros" usando formas e distintos tipos de estampado. O resultado saiu tan ben como a actividade, seguro que a repetimos!

En alternativa tampouco paramos de crear, e nesta ocsión traballamos con papel de seda, siluetas de animais e augas. Non vos imaxinades o rápido que pasou a hora que o fixemos, tanto é asi que... mirade que caras de concentración teñen os nenos nas fotos!

Tamén incorporamos a Jane Goodall e Clara Campoamor ao noso mural de "Revolucionarias", acompañando esta incorporación para profundizar na vida destas mulleres e distintas habilidades prácticas e coñecementos. Xa temos unha boa colección de imaxes acumulada, e isto non remata aquí.

E xa para rematar, tamén tivemos tempo para animar aos nosos compañeiros e comapañeiras de 3º, 4º, 5º e 6º durante o deporte escolar. Incluso aproveitamos para xogar co material que o profe Paulo deixou preparado para que tamén tiveramos unha xornada chea de movemento.

Xa avisei que traballamos un montón, e preparádevos para maio, porque pensamos exprimir os últimos meses de cole ao máximo!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.