(2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso
Nas últimas semanas continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "Peixes", buscando as respostas a varias das preguntas que aínda quedaban por respostar. Para elo empregamos a información que tiñamos tanto no noso recanto de información "virtual", na web do colexio (recanto de infantil); así como libros e diferentes documentos impresos, no recanto da información da aula.
Descubrimos algunhas das causas polas que poden morrer os peixes, acordando de que xeito o plasmaríamos no mural da investigación.
Para outra das preguntas pendentes, "Por que morren fora da auga?", atopamos a resposta descubrindo como respiraban. Atopamos a resposta, discriminando a información que nos interesaba do resto; nun dos vídeos do noso recanto de información "virtual".
Entre todos e todas acordamos como contalo no mural, tanto o modo en que respiraban, como a razón pola que morrían cando estaban fora da auga.
E así o reflectimos no mural da investigación.
Tamén descubrimos, a través da visualización doutro vídeo, de que modo nacen os peixes; tal como o tiñamos escrito na lista do que "queríamos saber".
Así o contamos no mural, tal como acordáramos entre todos e todas.
Pouco a pouco imos completando o mural da investigación, coas repostas que imos atopando ás respostas plantexadas.
Aínda nos quedan varias preguntas por respostar, que iremos investigando nos videiros días.
Como sempre poderedes estar ao tanto do que sucede en futuras entradas do blog.