(2023-2024) Polo Entroido convertímonos en domadores: creamos o disfraz nun obradoiro coas familias e participamos no desfile do colexio
Cando comezou o mes de febreiro, anotamos nos nosos calendarios online, unhas datas moi importantes. O día do desfile do Entroido e os días dos obradoiros de disfraces, cando as nosas familias virían ás nosas aulas para axudarnos a facer o disfraz, nun obradoiro que teríamos que organizar antes de que viñeran.
Este curso, todo o coleixo disfrazaríase "do Circo" e a nós correspondeunos convertirnos en "DOMADORES".
Visionamos na web do colexio todo o que fixeramos na celebración do curso pasado: o desfile, as instrucións de Serafín, o obradoiro de disfraces coas nosas familias, e festa cos doces, rematado o desfile do Entroido.
Cada día da semana do Entroido, o Porcoespín Serafín, a mascota da biblioteca, foinos "mandando" traer posto algo diferente (cada un dos grupos de compañeiros e compañeiras do colexio, foron os encargados de escollelo).
Anotámolo cada día nun nota que levamos para casa.
Para o LUNS había que vir vestido dunha profesión, esa foi a decisión dos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria.
Para o MARTES, os de 3º e 4º, escolleron que había convertirse en DEPORTISTAS.
Para o MÉRCORES había que vir con roupa de DURMIR, posto que así o decidiran os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.
A nós, en INFANTIL, tocounos elixir que mandaría traer Serafín o XOVES. Decidimos que se podía vestir o disfraz favorito de cada quen.
Anotámolo nun cartel que penduramos xunto a Serafín, para que o puidese coñecer todo mundo.
Así de guapos e guapas viñemos XOVES, con candanseu disfraz favorito.
Cada un dos días fomos pegando as fotos de grupo, coas instrucións de Serafín, nun panel individual. Escribimos tamén, nun pé de foto, cal era a instrución dese día.
Antes de que viñeran as nosas familias, a participar no obradoiro de disfraces, había que acordar, crear e escribir as instrucións de como facer o disfraz de domador, para que os nosos familiares puideran lelas e seguilas o día do obradoiro.
Descubrimos como facer o disfraz, repetindo os pasos coa axuda dos mestres Pablo e Óscar.
Ata que demos un deseño fantástico, así quedou o modelo unha vez rematado.
Entre todos e todas creamos as instrucións, onde se explicaba paso a paso, como crear o disfraz.
Así quedaron as instrucións unha vez rematadas, listas para ser consultadas polas familias nos obradorios.
Cando chegoron os días que tiñamos marcados no calendario online, por fin viñeron as nosas familias a participar no obradoiro de disfraces que, como xa vos contamos, xa tiñamos organizado.
Nunha lista puidemos comprobar se nos tocaba na primeira ou na segunda quenda, e en que día, buscando o noso nome, e vendo se estabamos antes (enriba) ou despois (debaixo) do recreo.
Encantounos poder traballar coas nosas familias na clase, e poder explicarlles cales eran os pasos que había que seguir para facer o disfraz, que previamente deseñaramos.
Así de guapos e guapas quedamos co disfraz xa rematado:
Tamén visionamos o percorrido que faríamos no desfile nun mapa na pantalla, que finalmente non puidemos levar a cabo por culpa da choiva.
Creamos tamén a nosa pancarta para o desfile.
Cando chegou o día do desfile, que tiñamos anotado nos nosos calenadarios online, fomos recollendo os postres do Entroido que trouxemos da casa para o fin de festa.
Fomos probando un anaco de cada un deles, e coñecendo os nomes dos diferentes postres típicos do Entroido, antes de xuntalos cos do resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, para deixalos listos para a festa posterior.
Comentamos cales nos gustaban máis ou menos a cada un.
Minutos antes de comezar o desfile xa estabamos listos para marchar cara ao pavillón, pero antes unha foto de grupo.
Despois do recreo, e xa con todo preparado, non puidemos percorrer as rúas do concello no desfile do Entroido, como estaba previsto, por mor da choiva... por iso trasladamos o desfile ao pavillón, acompañados e acompañadas polas nosas familias, asì como dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Cada un dos grupos, unha vez rematado o desfile levou a cabo a actuación "circense" que tiña preparada.
No noso caso un baile de domadores... se queres velo, así como o desfile completo, podes facelo no vídeo que atoparás ao final desta entrada.
Cando rematamos de desfilar e actuar, como fin de festa, degustamos os postres típicos do Entroido.
De seguido, podes ver o vídeo do ben que o pasamos durantea celebración do Entroido 2024.
Podes ver tódalas fotografías do desfile do Entroido, de todo o colexio, actuacións e celebración posterior cos postres típicos na seguinte galería fotográfica:
- GALERÍA FOTOGRÁFICA: (2023-2024) Entroido 2024: Benvidos e benvidas ao circo