(2023-2024) Plans de vida activa e deportiva (PVAD) II Carreira solidaria-Día da Paz
Xa como unha tradición, este ano volvemos a organzar e a participar na "II carreira solidaria" para conmemorar o día da Paz, contando ca presencia e colaboración dos membros da comunidade educativa.
Nesta ocasión acordamos recoller roupa e material escolar, que logo entregaríamos á "Asociación Boa Vida" de Pontevedra, para darlle un segundo uso e lla fagan chegar a aqueles nenos e nenas que a precisen.
Os alumnos/as de infantil crearon unha pancarta para "encabezar" a marcha ata o campo de fútbol.
Cando chegou o día da Paz, o 30 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio comezamos a marcha cara o campo de fútbol. Acompañáronnos as nosas familias, que particpiarían tamén na carreira.
E chegou o momento, todos estabamos listos para participar na carreira...
... que nesta ocasión tiña tamén obstáculos que había que salvar.
Rematada a carreira, tocaba repoñer folgos de forma saudable cun plátano e unha botella de auga, contribuíndo tamén a cumprir cos obxectivos do noso proxecto Nutriescolas (alimentación saudable)
Como despedida, e despois de recibir a chapa conmemorativa, unha foto de grupo para o recordo.
E por suposto, un foto todos xuntos, incluídas ás nosas familias.
Grazas a todos e a todas por participar, e formar parte desta "II marcha solidaria pola Paz".
Deixamos algunhas fotos máis: