Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Organizamos e participamos na II marcha e carreira solidaria, polo día da Paz

Ao igual que sucedera no curso pasado, este ano os compañeiros e compañeiras de infantil participamos na organización dunha "marcha e carreira solidaria", polo día da Paz, na que sería a "segunda edición", e na que contaríamos coa participación e colaboración de todo o colexio.

Nesta ocasión acordamos recoller roupa e material escolar, que logo entregaríamos á "Asociación Boa Vida" de Pontevedra, para que fagan chegar a aqueles nenos e nenas que a precisen.

Os compañeiros de infantil 2, investigaron os diferentes problemas cos que se atopan moitos nenos e nenas para poder ir ao colexio.

   

Despois de debatir sobre cada un dos problemas, e de analizar as causas, aportaron entre todos e todas posibles solucións. Foron plasmando todo isto nun mural que peduraron no corredor, na zona de recollida de doazóns.

     

Así quedou, unha vez rematado, o mural da súa pequena "investigación".

Ti tamén podes ver tódolos vídeos que analizaron, e incluiron no mural, no recanto de infantil no apartado de "vídeos", ou directamente desde aquí.

   

Pola súa banda, os compañeiros e compañeiras da aula de Infantil 1, foron os encargados de organizar a recollida de doazóns da "carreira solidaria". Creando o cartel anunciador e o rexistro de todo o que se podía doar.

   

Demos recollido, grazas á colaboración de toda a comunidade,  todo este material escolar e roupa para a asociación "Boa Vida" de Pontevedra.

     

Creamos un mapa co percorrido da marcha solidaria, ata o campo de fútbol, onde tería lugar a "carreira pola Paz", na que estarían convidados a participar as familias de todo o colexio.

      

Así de fantástico quedou o noso mapa unha vez rematado, cos fitos e lugares máis significativos polos que iríamos pasando. Agora xa sabíamos como chegar sen problema.

   

Creamos tamén unha pancarta para "encabezar" a marcha ata o campo de fútbol.

 

   

Cando chegou o día da Paz, o 30 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio comezamos a marcha cara o campo de fútbol. Acompañáronnos as nosas familias, que particpiarían tamén na carreira.

   

E chegou o momento, todos estabamos listos para participar na carreira...

   

... que nesta ocasión tiña tamén obstáculos que había que salvar.

    

Rematada a carreira, e mentras participaban os compañeiros e compañeiras dos demais cursos, repuxemos folgos de forma saudable, cun plátano e unha botella de auga.

   

Como despedida, e despois de recibir a chapa conmemorativa, unha foto de grupo para o recordo. 

     

E por suposto, un foto todos xuntos, incluídas ás nosas familias.

     

Grazas a todos e a todas por participar, e formar parte desta "II marcha solidaria pola Paz".

   

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.