(2023-2024) DEBERES DO ALUMNADO
O pasado 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia. Creamos na entrada un mural no que traballamos os DEREITOS que ten o alumnado.
Aproveitando que este 24 de xaneiro foi o Día da Educación, decidimos que o alumnado fora o protagonista, esta vez, recordando os DEBERES que todo alumno/a debería coñecer para así, poñelos en práctica.
A actividade que realizamos consistía en ir explotando globos, en cuxo interior había unha tarxete que contiña un DEREITO, que lía o alumno/a que explotaba o globo.
Aquí vos deixamos unhas fotos da actividade...