(2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro
Cando rematou o mes de novembro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprían anos MARTIÑO, NORA e YARA, quenes foron os encargados e encargadas de escoller unha tarta do noso libro de receitas
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.
Xunto aos compañeiros e compañeiras de cadansúa aula, prepararon as camisetas de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!
Cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.
Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
O día da celebración, contamos, clasificamos, organizamos e preparamos todo material que iamos precisar para celebrar a festa de aniversario.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz", "parabés para ti" e "Happy Birthday to you".
E por fin chegou o momento de que o homenaxeado e ashomenaxadas repartisen a tarta entre os seus convidados e convidadas.
Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.