(2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso
Por fin chegou o gran momento, tiñamos que decidir entre todos e todos cal sería o tema da nosa primeira investigación deste curso.
Despois de varios diálogos, e a través dunha choiva de ideas, fomos escribindo unha lista de posibles temas, indicando para cada un deles que é o que queríamos descubrir, ou porque considerábamos que ese tema sería interesante.
A partir desta lista despois dunha serie de votacións sucesivas, quedámonos con estes 4 temas posibles.
Chegou entón o momento de participar da votación final, nunha papeleta que elaboramos, cada quen foi elixindo "en secreto" o seu tema favorito.
Vixiados pola "presidenta da mesa electoral", KARINA que era encargada ese día, todos e todas fomos votando, metendo o noso voto na urna. A "presidenta" foi tachando na lista quen votaba, identificado/a polo seu carnet QR, para que non o puidera facer dúas veces.
Rematada a votación comezou o momento máis emocionante, o reconto de votos.
Despois dunha axustada votación o gañador foi o tema do "PEIXES" con 5 votos.
Xa co tema elixido comezamos a preparar o mural da investigación.
Nel anotamos o título do proxecto e "os productos finais da investigación", que acordamos que serían: "crear un documental" e "facer un álbum de peixes".
Así quedou anotado, entre todos e todas, no mural da investigación.
Comezamos a plasmar tamén no mural, as diferentes fases do proxecto.
Fomos dicindo e anotando todo que xa sabíamos, ao final do proxecto, xa coas respostas atopadas, voltaremos a consultar quen estaba no certo ou non, ou que coñecementos estaban incompletos.
Tamén anotamos o que queremos saber, plantexando as preguntas que investigaremos no proxecto. Todos xuntso e xuntas cordamos como redactar as nosas preguntas sobre o tema.
Pouco a pouco fomos completando as primeiras partes do noso novo proxecto no mural.
Tan só nos quedaba anotar "en que fontes de información" poderíamos buscar as respostas.
Escribimos unha nota para pedir "axuda" na casa, coa procura de información.
Ao día seguinte, xa comezamos a recibir o primeiro material para engadir no noso recanto da investigación.
Nas vindeiras semanas continuaremos a recibir información e comezaramos a buscar as respostas ás primeiras preguntas.
Poderedes estar ao tanto da nosa investigación neste mesmo blog.