(2023-2024) Taller de prevención das condutas adictivas
Comezamos este curso cunhas actividades de prevención das condutas adictivas...
Falamos de autoestima, de habilidades sociais, de resolución de conflitos...
Tamén dos pasos que hai que seguir cando nos enfrontamos a un problema...
Moitas grazas a Julia, a técnica de prevención, por ensinarnos a ser un pouco máis autónomos/as, e a xestionar mellor as nosas emocións.