(2023-2024) Xa temos novos equipos cooperativos para este curso... queres coñecelos?
Chegou o momento de organizar os equipos cooperativos que este curso teremos na nosa aula, e nos que traballaremos en diferenes tarefas que se propoñan ao longo do mesmo.
Unha vez coñecido en que equipo estaría cada quen, cada equipo escolleu, despois de acordalo, a cor que o idenficaría, escribíndoo nunha lista para logo buscar a témpera desa cor.
Cada un dos equipos pintou o seu panel do equipo da cor elixida. Tiveron que acordar como facelo, e como organizarse, a través do diálogo, posto que só tiñan un pincel para usar entre todos e todas.
O seguinte paso foi escoller un nome para cada equipo, novamente tras diálogos e debates, tódolos equipos chegaron ao acordo do nome que convencía a todos e todas. Escribírono nun listado, para poder empregalo posteriormente como modelo.
O equipo VACA que escollera a cor verde.
Pola súa banda o equipo COCODRILO, optou pola cor vermella.
E por último a cor azul foi a escollida polo equipo LEÓN.
Cada un dos equipos estaba preparado para comezar a completar o seu panel.
Acordaron e escolleron unha imaxe idenficativa, que tivera que ver co seu nome de equipo, para recortala e pegala no panel.
Tamén pegaron a foto do equipo e ordenaron as letras móbiles, para reconstruír o nome do mesmo... menos mal que o tiñan escrito no listado.
Despios de escribir o nome dos integrantes de cada equipo, deron o traballo por rematado.
Así quedaron os paneis, unha vez rematados:
Rematado o traballo, chegou o momento de levar a cabo a primeira avaliación "figuro-analóxica", autoavaliando diferentes aspectos do seu traballo en equipo con emoticonas.
Xa nos veredes empregar estes nosos novos equipos cooperativos a partir de agora, nas diferentes entradas que publicaremos neste blog.