(2022-2023) Ciencias naturais de 1º e 2º. Mirade o noso resumo anual!!
Todo un curso dá para moito! Cantas cousas fixemos e aprendimos! Velaí vai un resumo de tódolas actividades e proxectos que levamos a cabo este curso. Esperamos que vos gusten!
Comezamos o curso aprendendo sobre o corpo humano e os seus diferentes sistemas e aparatos. Por parellas debía crear unha maqueta cas súas dimensións, indicando os diferentes elementos que ten cada sistema/aparato. Logo explicáronllelo aos seus compañeiros/as.
Ao longo do curso houbo momentos de búsqueda, selección e recollida de información para os nosos proxectos.
Outras clases dedicámolas a imprimir, recortar, plastificar, pegar e decorar os nosos traballos.
E como traballamos en equipo, tamén é preciso chegar a acordos, repartir tarefas e tomar decisións conxuntas.
O traballo dos ecosistemas foi un dos que máis lles gustou, porque había que relacionar os diferentes animais cos seus hábitats.
O tema dos materiais e máquinas foi moi interesantes, posto que debía pensar en elementos do seu día a día e relacionalos co que vimos na clase.
Aquí podedes ver o resultado do seu traballo.
Xa metidos de cheo no tema das plantas, por equipo debían escoller un flor e facer un traballo de investigación, indicando as características da flor, ubicación, usos...
Fase de edición e deseño
Fase de preparación da exposición
Fase de decoración
Fase de reparto de tarefas e exposición
Estos foron algúns dos proxectos que fixemos este curso. Aprendemos moitas cousas, traballamos en equipo e desfrutamos de ver os nosos proxectos polo centro. Seguimos!