(2022-2023) Plurinfantil
Este curso, comezamos o programa plurinfanil, no que o alumnado de infantil goza dunha sesión máis á semana en inglés. Neste tempo aproveitamos para facer os xogos de calendario nesta lingua.
Algunhas das actividades deste curso foron:
- Xogos de animais
- Bingos de números
- The most important woman in my life, para conmemorar o día da muller.
- Varias actividades sensoriais, neste caso pintando con xeo
- Montamos un supermercado na aula
- A actividade que máis nos gustou foi a Coronation party, na que celebramos a coronación de King Charles cunha tea party e varios xogos.
Moitas grazas ao profe Pablo por facelo posible!
See you in September!
Bye, bye butterfly!