(2022-2023) Antes de rematar o curso, tamén sucedeu todo isto na nosa aula
Nas primeiras semanas do mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 16/06/23: (2022-2023) Rematamos o noso proxecto de investigacións sobre os coches e os camions. Xa podes ver o dosier individual.
- 16/06/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Celebramos os últimos aniversarios do curso: mes de xuño e verán
- 15/06/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil "A Galiña Azul"
- 12/06/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Visitamos a aldea Grobit, o acuario e viaxamos en barco na nosa excursión ao Grove
- 08/06/23: (2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos?
Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:
Recolleitamos as nosas cenorias. Despois do moito que as coidamos ao longo das semanas, conseguimos unha colleita enorme.
Cada un de nós pudo levar unha chea delas para casa. De seguro que estarán boísimas.
Rematamos o noso dicionario xigante, e os nosos dicionarios individuais (que xa levamos para casa), coas palabras favoritas elixidas entre todos e todas.
Preparamos a exursión ao Grove, que xa vos contamos nunha entrada anterior.
Traballamos nocións temporais e espaciais cos Ozobots, uns dos robots que temos na aula.
Creamos os boletíns de auto-avaliación "As novas da escola", que xa tedes nas vosas máns, onde reflexionamos sobre todo que sucedeu ao longo deste terceiro trimestre.
Participamos co noso vídeo sobre a contaminación no "Cervi Fest", organizado no Centro, que xa che amosamos na entrada correspondente, sobre o noso proxecto de investigación e traballo.
Participamos nunha sesión de contacontos fantástica...
... e en varios obradoiros, nos últimos días do curso.
Buscamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o Colexio, despois de camiñar ata San Antoniño; un tesouro escondido seguindo as pistas e superando "retos emocionais".
Despedimos aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e aos de sexto que estarán o vindeiro curso no instituto, na celebración da "graduación".
Cun baile no que participamos todos e todas...
... e recibindo un agasallo de despedida.
Velaquí tedes o vídeo que amosamos para despedirnos de infantil.