(2022-2023) No mes de maio tamén sucedeu todo isto
Durante o mes de maio, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
28/05/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
11/05/23: (2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo?
08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.
Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:
Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.
Continuamos a usar o composteiro do colexio, cos restos das nosas merendas.
O "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais están a punto de estar completos, coas nosas palabras favoritos.
A cabana de bimbios xa está chea follas... xa podemos entrar nela e usala.
Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.
Celebramos o día das Letras Galegas, facendo un mural de libros en galego (de autores homenaxeados nesa data), para presentalo no día "de Lecturas na Carballeira"
Comeza os a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, unha nova "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.
Fixemos un "ourizo lapiseiro" como regalo para as nosas nais.
Continuamos a coidar as cenorias que plantaramos no invernadoiro. Fomos regándoas ao longo dos días, xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, e ... puxéronse enormes
Antes de rematar o curso, no mes de xuño, teremos moito que contarvos, como sempre neste blog.