Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2022-2023) Creamos o noso "xogo-libro" para o Salón do Libro 2023. Queres velo?

Este ano voltaremos a participar nas actividades do "Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra". Nesta ocasión o tema é o Xogo.

Para poder visitar o Salón, e reencontrarnos co noso amigo ORBIL, creamos un xogo de mesa xigante cuns libros moi divertidos para levalos ao Pazo da cultura, onde se celebrarán as actividades do Salón.

         

Anotamos no calendario online a data na que visitaremos o Salón para participar nas súas actividades, e poder ver o noso traballo xunto co dos restantes colexios participantes.

     

Lembramos, visitando a web do colexio, como eran as visitas ao Salón dos compañeiros e compañeiras de cursos anteriores.

   

Para elaborar o "xogo-libro" trabalamos a reo os nenos e nenas de Infantil, xunto aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.

  

     

En INFANTIL 1 encargáronse de facer as fichas do xogo. Unha delas ten o libro que inventaron "A receita do arco da vella".

    

Así crearon o seu libro-ficha, coa historia "A receita do arco da vella", cunha páxina dunha cor diferente.

  

   

No caso de INFANTIL 2 crearon un dado-libro xigante para o xogo de mesa. Co libro titulado "O dado que perdeu os puntos".

A través de sucesivos borradores acabaron inventando a historia do dado e todo o que lle pasaba.

     

Unha vez acordada a historia, chegou o momento de convertila no libro-dado. Para elo por quendas fomos elexindo e creando as ilustracións, e escribindo o texto entre todos e todas.  

   

Tan só quedaba enumerar a páxinas para deixar o libro-dado rematado.

   

   

Os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º DE PRIMARIA encargáronse de facer o tabloeiro do xogo e de escribir as instrucións do mesmo.

    

        

Así quedou o traballo, unha vez rematado, coas partes feitas por cada un.

  

   

   

De seguido, podes ver como quedaron os 3 libros unha vez rematados:

EI1: A receita do arco da vella (fichas do xogo)

   

EI2: O dado que perdeu os puntos (dado do xogo)

    

1º e 2º: tabloeiro e instrucións do xogo.

    

Tan só nos quedaba levalo ao Pazo da Cultura, para que ORBIL poida poñelo la exposición xunto cos restantes trataballos dos outros colexios que participan.

    

Xa vos contaremos como nos foi na visita ao Salón, que terá lugar o día 24 de abril, nunha próxima entrada.

Ata entón lembrade que podedes ir a visitar a exposición, ver o noso traballo e participar nas actividaes do "Salón do libro 2023", no "Pazo da Cultura de Pontevedra" desde o 21 de abril ao 7 de maio de 2023.

Tes toda a información sobre datas e horarios na web oficial: www.salondolibro.gal.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.