(2009-2010) Refacemos o mural dos números "xigantes" e levamos libros da biblioteca do colexio.
Como fixeron obras na aula, tiveron que quitar o mural que tiñamos cos "números xigantes", así que decidimos facelo de novo, pero dun xeito distinto.
O primeiro foi medir canto papel necesitabamos, a un dos de tres anos ocurríuselle contar cantos "pasos" de papel nos facía falta, así que decidimos usar a súa idea.
Medimo-los "pasos" do papel, cortámolo e levámolo entre todos ata a aula.
Xa na clase comprobamos se estaba ben medido, e descubrimos que "dependendo de quen medira os pasos saía dun ou doutro tamaño", polo que non servía a idea para medir o papel.
O final decidimos empregar a "o metro" porque "sempre mide o mesmo" sen importar que o medira.
Entre todos escribimos no encerado os números que queriamos poñer no mural, tivemos algunha discusión sobre onde poñer o cero, pero ó final acrodamos "poñelo antes do 1".
Coloreamos os números.
Recortamos círculos de papel vermello usando un modelo.
E pegámolos debaixo de cada número.
Con gomets convertímo-los en "caras".
Levamos libros da biblioteca do colexio.
Cada venres levamos un libro da biblioteca para a nosas casas, pero non sempre os collemos da biblioteca da nosa clase, ás veces tamén os levamos da biblioteca do colexio, que están no piso de arriba.
Cada quen escolle o libro que quere, "da zona amarela" que son os libros que nos "tocan os de infantil", e méteo na súa carpeta.
Para levamos para casa, non temos que notalos nun papel, como cando os collemos da clase, senón que un profe o fai no "ordenador", nos temos que dicirlle o noso nome e o "número que ten o libro".
E listo, xa o podemos levar.