(2022-2023) Organizamos e participamos nunha carreira solidaria polo Día da Paz
Para celebrar o Día da Paz os alumnos e alumnas de Educación Infantil, organizamos a primeira "Carreira solidaria pola Paz", nesta ocasión en solidariedade cos refuxiados da guerra en Ucraína.
Comezamos, días antes da carrreira, dialogando sobre o significado da palabra paz, amizade e como solucionar os conflictos de forma dialogada.
Falamos tamén do que está a suceder en Ucraína, e porque precisaban axuda os refuxiados que fuxían da guerra en Ucraína.
Acordamos, que unha forma de axudalos podería ser facer unha carreira solidaria, para poder recoller doazóns e logo facerllos chegar.
Anotamos nos respectivos calendarios online o día que tería lugar a carreira e, comezamos a deseñar e crear os carteis que usaríamos para dar a coñecer esta carreira.
Así quedaron todos unha vez rematados, listos para pendurar no corredor:
Decoramos pedras, pintadas coas cores da bandeira de Ucraína, con palabras sobre a Paz e a tolerancia, que deixaríamos debaixo de cada un dos carteis que pendurásemos polas rúas.
Descubrimos cal sería o percorrido tanto da marcha como da carreira, que tería lugar no campo de fútbol.
Creamos un mapa representando este camiño, e que tamén empregaríamos para sinalar os lugares onde íamos colgar os carteis.
Para poder penduralos na rúa, fixemos copias dos carteis que metimos en fundas de plástico.
Con todo o material listo, chegou o momento de percorrer as rúas preto do Colexio, para pendurar os carteis e deixar as noas mensaxes de paz.
Comezamos a recoller motísimas doazóns, que dentro dunhas semanas faremos chegar á "Asociación Galega de Axuda para Ucrania" (AGA Ucrania) - https://www.agaucraina.org
Penduramos no corredor, enriba das caixas de doazóns, tanto os carteis como o mapa, no que sinalamos os lugares onde deixamos os carteis e as mensaxes de paz, pengando as nosas fotos nos citados lugares.
E finalmente chegou o 30 de xaneiro, o Día da Paz, no que tería lugar a 1ª carreira solidaria pola Paz, como resultado de todo o traballo de organización que levamos a cabo nos días precedentes.
Preparamos os nosos dorsais, que tiñan un número escrito tamén en ucraniano.
Xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, participamos tanto na marcha como na carreira solidaria, na que tamén participaron as nosas familias.
Como agradecemento pola participación, entregamos unha chapa conmemorativa a tódolos participantes, tanto nenos/as como familias.
Posamos para unha foto final por grupo, para recibir os merecidos aplausos de todos e todas.
Podes ver tódalas fotos da "Carreira pola Paz" no seguinte álbum da galería fotográfia, ao que podes acceder de seguido:
GALERÍA FOTOGRÁFICA (ÁLBUM): (2022-2023) 1ª carreira pola Paz polos refuxiados da guerra en Ucraína