(2022-2023) Unha chea de bolboretas sobrevoan o cole polo 25N
Ola a todos e todas! Con un pouco de atraso, hoxe queremos contarvos o que preparamos para a conmemoración do 25N: O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Como parte do noso proxecto de biblioteca, decidimos levar a cabo unha actividade na que puideramos aportar o noso graniño de arena, e ao mesmo tempo entender e concienciarnos coa causa desta conmemoración.
En primer lugar, falamos sobre a violencia contra as mulleres e porqué suceden situacións de violencia entre as persoas. A resposta veu da man dunha emoción que estamos a aprender como parte do noso programa de educación emocional, co obxectivo de mellorar a convivencia; a ira. Cando sentimos ira, e non sabemos xestionala, en ocasións acaba de situacións de violencia, por iso debemos aprender a xestionar e deixar voar a ira como se fose unha bolboreta. Así que, coa idea en mente, decidimos elaborar con papiroflexia unha chea de volvoretas moradas (pola causa que nos ocupa) e vermellas (que é a cor da ira).
Todas as clases (con máis ou menos axuda dos mestres e mestras según a idade), fixeron as súas bolboretas en distintos obradoiros de papiroflexia. Aos nenos e nenas encantoulles facer estas manualidades, de feito fixemos tantísimas bolboretas que se nos ocurrió usar algunhas para facer un super cartel que puideramos poñer no cole para que todo o mundo puidese velo. Polo que, a maiores, fixemos un "25N" xigante de cartón, que pintamos coa axuda do alumnado de Educación Infantil.
Unha vez pintadas as letras, pegamos as bolboretas enriba para debuxar o contorno con elas. Con todo listo e preparado, levamos a cabo un acto conmemorativo no que fixemos un gran coloquio sobre a situación que se conmemora o 25N, onde puidemos dialogar sobre a temática. Ao terminar, puxemos as letras na fiestra do colexio, para que todas as persoas do concello puidesen disfrutar tamén do noso traballo.