(2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de novembro
No mes de novembro cumpriron anos os nosos compañeiros BRAIS e MARIA, de EI1, polo que eles foron os encargados, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula preparáronlle candansúa camiseta de agasalo. Quedaron fantásticas.
Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elixida.
Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración. Tan só faltaban os detalles de última hora.
Antes de probar a tarta, había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantabamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti"
E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.
Xa só temos que agardar á seguinte celebración dos aniversarios, a finais do mes de decembro, xusto antes das vacacións de Nadal..