(2022-2023) Arrancamos!
Os maiores do cole xa estamos de volta!
Pouco a pouco fomos collendo a rutina e o ritmo de traballo e podemos dicir que estamos a tope.
Este ano imos facer máis actividades por grupos, polo que comezamos facendo varios retos para aprender a traballar de forma cooperativa.
En ciencias comezamos o curso aprendendo sobre os seres vivos. O que máis nos gustou foi usar o miscroscopio e poder ver o que trouxemos. Incluso vimos un montón de protozoos en acción!
Mención especial a unhas altruístas libélulas, que despois de morrer cedéronlle o seu corpo á ciencia. En agradecemento, fixémoslle un sentido enterro.
Agora mesmo estamos inmersos en varios experimentos sobre plantas.
En lingua realizamos unha entrevista a unha ex alumna do centro: Sofía Gulias Becerra. Encantounos falar con ela, quedamos abraiados cos seus logros e afán de superación. Podedes escoitar o programa aquí.
Tamén celebramos o Samaín, e logo de decorar o colexio e a nosa aula, participamos nos obradoiros que nos organizaron os profes.
Animámosvos a ver a galería de fotos do cole, onde podedes ver moitas máis mostras do noso día a día.
Ata a próxima!