(2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro
No mes de outubro cumpriron anos os nosos compañeiros ELOY e XOSE, polo que eles foron os encargados, coa axuda de todos e todas, de preparar unha tarta para convidar a tódolos compañeiros/as nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras das súas aulas preparáronlle unhas camisetas de agasalo fantásticas.
Os homenaxeados escolleron do libro de receitas a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxeron, un día antes da celebración, prepararon a tarta seguindo os pasos da receita elexida.
Tódolos compañeiros e compañeiras colaboraron na súa elaboración.
Podes ver tódalas fotografías na Galería Fotográfica, desde aquí.
Despois dun día no frigorífico xa estaba a tarta lista para a celebración. Tan só faltaban os detalles de última hora.
Pero antes había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantabamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti".
E por fin chegou o momento de que os homenaxeados repartiran a tarta entre os seu convidados e convidadas.
Xa só temos que agardar á seguinte celebración dos aniversarios, a finais do mes de novembro.