(2022-2023) E ademais, no mes de setembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de setembro, nas primeiras semans deste curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 09/09/22: (2022-2023) Xa estamos aquí de novo. Queres coñecer aos novos compañeiros e compañeiras?
- 19/09/22: (2022-2023) Damos a volta ó cole... nunha semana
- 28/09/22: (2022-2023) Acordamos as normas da aula: dramatizámolas para crear un panel con elas
- 30/09/22: (2022-2023) Celebramos os aniversarios do mes de setembro
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:
Nos primeiros días axudamos ós novos compañeiros e compañeiras a descubrir todo o que podíamos facer na aula, establecendo novas relacións de amizade e complicidade con eles e elas.
Comezamos a levar a cabo as rutinas diarias da aula: lavado de mans, merendas, momentos de xogo, recoller o material...
Creamos os nosos carnets QR, que empregaremos todo o curso para as rutinas do encargado, no calendario online, ou o préstamo de libros para casa coa aplicación online. Ambas podes atopalas no recanto de infantil desta mesma web.
Por quendas comezamos a completar as responsabilidades cando nos toca ser encargados: completar o calendario online, os rexistros da clase, darlle a comida á tartaruga "Raio", organizar a fila...
Creamos as nosas bandexas para a merenda, escollendo a imaxe que máis nos gustaba.
Organizamos o material da aula, aprendendo e lembrando como usalos e onde gardalos, para poder usalos todos e todas.
Cambiamos a foto de grupo que temos na porta, para incorporar ós novos compañeiros e compañeiras.
Todos e todas asinamos na mesma, de seguro que nos sorprende ver os nosos nomes escritos "deste xeito", dentro dunhas semanas.
E tamén creamos unha foto "máis peqena", para levar ás nosas casas, nas que escribimos o nome dalgún dos nosos "amigos e amigas" e "INFANTIL 2".
Comezamos a levar os venres, libros da biblioteca de aula para casa, usando os nosos carnets QR na aplicación online de préstamos; coa que podemos conseguir a portada, escribindo o número do libro...
... para usala logo no rexistro en papel.
Finalmente tamén completamos un horario con "mini-fotos", dos mestres e mestras que veñen a nosa aula cada día.
Agora xa o temos nas nosa casas. Así podemos saber que sucederá cada día antes de vir ó colexio.
Nas vindeiras semanas continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula: como organizaremos os equipos cooperativos, que investigación queremos comezar, como participamos na festa do Samaín e do Magosto.