(2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa
Nun dos últimos días do curso, nas aulas de infantil, buscamos un tesouro agochado nalgún lugar do colexio, seguindo as instrucións que aparecían no "mapa do tesouro".
Antes de comezar, o día que tiñamos anotado no noso calendario online, descubrimos cales eran as normas do xogo.
Cada un dos dous equipos (infantil 1 e infantil 2) tería o seu propio mapa, diferente un do outro, con candanseu tesouro escondido (que contiñan o mesmo no seu interior).
O equipo "can salchicha azul" xa estaba preparado para comezar, co seu mapa listo. Terían que comezar polo número 1 que alí aparecía.
Pola súa banda... o equipo "focas vermellas" tamén o tiña todo listo para comezar a busca do tesouro, tamén polo número 1 do seu mapa.
Cada equipo tiña que seguir as pistas dun mapa, para ir pasando por diferentes lugares, sinalados con números. En cada un deles había unha pegatina escondida, que tiñan que atopar, e pegar no mapa. Cando chegasen ó ultimo número atoparían o tesouro.
O mapa levou ós dous equipos por diferentes dependencias do colexio, buscando as pegatinas agochadas.
En outros momentos, o mapa enviounos a buscar as pistas por diferentes lugares do patio.
Ambos equipos deron atopado o tesouro... tan só había que voltar á aula e agardar a que chegase o outro equipo, para poder abrir ambos tesouros á vez.
Que habería dentro... algún ata pensou que tería unha empanada para compartir ;)
Unha vez abertos os tesouros, atopamos dentro uns fantásticos libros para colorear, e con pegatinas, xunto cun bote de pinturas para cada un de nós... eran chulisimos.
Non puidemos agardar para estrenalos.
Podes ver tódalas fotografías deste "xogo de pistas", no seguinte álbum da galería fotográfica:
(2021-2022) ÁLBUM NA GALERÍA FOTOGRÁFICA - Atopamos un tesouro seguindo as pistas dun mapa.