(2021-2022) BIBLIOTECA CREATIVA: Creamos no colexio: familias, alumnado...
Neste terceiro trimestre e, despois do éxito coas nosas familias lectoras, decidimos dar un pasiño máis e, volver a contar con elas, esta vez para, nin máis nin menos, que CREAR!!!!!
A mamá de Matías e de Lara (5º) realizou un obradoiro en Infantil súper chulo!!!!!!
Mil grazas pola participación, e pola PACIENCIA!!!!
Tamén houbo tarefas para os de 5º e 6º: un chaveiro feito con abalorios que a máis de un/unha levounos/as polas rúas da amargura...
Grazas Martina!!! Esperamos verte pronto!!!!!
AS FAMILIAS CREAN "ÁLBUMES" EN INFANTIL:
Nas aulas de Educación Infantil, as familias viñeron a crear álbumes cos seus fillos e fillas. Podes atopar toda a información e imaxes sobre esta fantástica experiencia, na seguinte entrada:
SOMOS CREATIVOS "DECORANDO BOLSAS"
Usando plantillas e pintura téxtil os compañeiros e compañeiras crearon unhas fantásticas bolsas:
Así de ben lles quedaron ós de Infantil.
Podes ver tódalas fotografías deste obradoiro en infantil na seguinte galería fotográfica:
Obradoiro de macramé coa rapazada de 3º e 4º de EP
O bordado, ganchillo ou macramé son actividades normalmente asociadas a adultos pero son tamén moi beneficiosas para nenos e nenas. De feito, según o método Montessori, ten moitos beneficios para os peques como poden ser:
1. Fomenta a memoria.
2. Axuda a concentración.
3. Impulsa a coordinación man-ollo.
4. Baixa a velocidade da respiración.
5. Alimenta a creatividade.
6. Aumenta a paciencia e a perseverancia.
7.Reforza a seguridade e a autoestima cando acadan os obxectivos.
8. Axuda a socializar.
9. É motivo de orgullo mostrar o traballo realizado.
Que familias tan creativas!!!!!
A mamá de Nayra ensiounos a crear centros de mesa con cousiñas que temos pola nosas casas...
Quedaron así de fantásticos:
Queredes ver as bolsas súper chulas que fixemos??????
Aí van...