(2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo
No mes de marzo, CLAUDIA cumpliu 6 anos e ANA xa chegaba ós 4. Así que ó final do mes celebramos o seu aniversario, como facemos cada fin de mes.
Novamente, por mor da COVID-19 non podemos celebralo como nos gustaría (e como facíamos en cursos anteriores), pero aínda así os homenaxeados tiveron o seu momento especial.
Preparamos a súa camiseta de agasallo e a coroa das homenaxeadas en ámbalas dúas aulas:
Ata Karl, o noso auxiliar de conversa, quixo participar na súa creación.
Cando chegou o día sinalado, no noso calendario online, sopraron as candeas co número de anos que cumpría.
Podes velo de seguido: