(2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"
Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:
Ó longo das últimas semanas, continuamos a atopar novas respostas ás preguntas que nos plantexáramos, no noso proxecto de investigación sobre os "cans salchicha".
Descubrimos todos e todas xuntos a resposta a un par das preguntas. Conseguímolo visionando os vídeos que tiñamos no recanto virtual da investigación, e nos libros e textos impresos do noso recanto da investigación da aula.
Agora xa sabemos que poden comer.
Decindimos, e acordamos, como plasmalo no mural da investigación.
Tamén entre todos e todas, atopamos a resposta á pregunta: Como se comunican?, plasmándoo tamén no mural da investigación.
Noutras ocasións, atopamos as respostas ás preguntas traballando en equipos cooperativos.
O quipo Ironman-princesa investigou a pregunta: Que partes teñen?
O equipo tartaruga foi o encargado de investigar: Que tipos hai?
O equipo "conejito" investigou as cores que podía ter:
Pola súa banda, o equipo "patrulla canina", descubriu como teñen que lavarse.
Todos os equipos acordaron como plasmalo no mural da investigación, para que os demais compañeiros e compañeiras puidesen sabelo tamén.
Fomos tamén rexistrando, como nos organizamos, anotando o número da pregunta que investigou cada un dos equipos.
Cada equipo, contoulle ó resto de compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Deste xeito xa todos e todas coñecen a resposta a estas catro preguntas.
Ó longo das vindeiras semanas, agardamos rematar esta investigación, para poder comezar a crear a nosa exposición e planificar a rodaxe do documental, que nos plantexaramos ó comezo do proxecto como productos finais.
Permanecede atentos a este blog para coñecer a evolución do proxecto de investigación.