(2021-2022) E ademais... en xaneiro e febreiro sucedeu todo isto en Infantil 2
Á volta das vacacións de Nadal, nos meses de xaneiro e febreiro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
01/03/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Polo Entroido seguimos as instrucións de Serafín e convertímonos en Súper López. Así deseñamos e creamos o disfraz para o desfile “de cómics"
24/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro
21/02/22: (2021-2022) Experimentamos coa capilaridade: A ponte de cores
22/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Sementamos e coidamos leitugas no invernadoiro
01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) - Queres saber como facer funcionar un reloxo con laranxas? Explicámoscho no vídeo do noso experimento do mes
01/02/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Descubrimos ás gañadoras do premio Nobel da paz e gravamos vídeos delas.
29/01/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro
Tamén continuamos coa nosa investigación sobre os "Cans Salchica", da que publicaremos unha entrada moi pronto contándovos todo o que fomos descubrindo.
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:
O encargado de cada día seguiu a desempeñar as súas importantes funcións:
Engadindo unha nova rutina ás que desenvolve cada día, debuxarse no "calendario online"
Xogamos a crear palabras coas letras móbiles:
Máis palabras se foron sumando ó noso dicionario xigante.
Grazas a un dado decidimos "cantas" tiñamos que pegar no noso dicionario individual:
Continuamos a levar libros da biblioteca de aula, os venres, para as nosas casas. Rexistrámolos na aplicación online, para poder imprimiar a portada, e así pegala no rexistro individual en papel.
Encántanos xogar, de cando en vez, ós xogos de memoria.
Reconstruímos, e volta mos a usar, os nosos buzóns de correo individuais; nos que podemos recibir cartas escritas polos nosos compañeiros e compañeiras. Os profes tamén teñen o seu propio buzón.
Afondamos nas nosas habilidades creativas pintando con témpera.
Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu nestes meses, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.