(2021-2022) Experimentamos coa capilaridade: A ponte de cores
Este mes experimentamos coa capilaridade, facendo unha ponte de cores.
O primeiro foi plantexar hipóteses sobre o que poderíamos facer co material, xurdiron diferentes ideas.
Despois de seguir os pasos do experimento "construímos as pontes de cores" entre todos e todas.
Observamos como as cores ían subindo polas "pontes de papel", grazas á capilaridade.
Chegou despois o momento de repetir o mesmo experimento, pero xa nos equiposz cooperativos. Todos eles foron capaces de repetir os pasos do mesmo.
En tódolos experimentos as cores subiron polas pontes de papel.
Tan só quedaba plasmar o proceso e o resultado final, no caderno de campo dos experimentos.
Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil 1, os encargados de crear o vídeo do experimento.
Lembra que podes ver o vídeo creado polos compañeiros e compañeiras de Infantil 1 e ós vídeos de tódolos experimentos que facemos na aula desde aquí.