(2021-2022) Antes de rematar o ano, no mes de decembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2
Ó longo deste mes, na nosa aula, sucedeu todo isto que xa vos comentamos en entradas anteriores:
22/12/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Chegou o Nadal a infantil: así o celebramos e participamos no festival do colexio. Queres ver a nosa actuación?
22/12/21: [Infantil xuntos]: (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de decembro
14/12/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Falamos con Santa Claus por vídeo-conferencia
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto que vos contamos de seguido:
Asistimos á proxección da película "Valentina" nun cine, xunto ós compañeiros e compañeiras do todo o colexio.
Continuamos a traballar a lóxica matemática coa profe ZAIRA, como por exemplo facendo as cadenetas de series de macorróns de cores; que usamos como decoración para o corredor no Nadal (ver entrada correspondente).
Novas letras foron completando o noso diccionario xigante e individual. Continuaremos con el á volta das vacacións de Nadal.
O encargado continuou a desenvolver as súas funcións, completando o calendario oline, facendo os diferentes rexistros e, por suposto, dándolle de comer ás nosas tartarugas.
Asistimos á actividade "Ti si que eres un bo peixe", dentro do programa "Aliméntate ben", no que participa o centro.
Coa elaboración do noso boletín de auto-avaliación trimestral, xunto con todo o que vos contamos ó comezo desta publicación, dimos por rematado este primeiro trimestre.
Lembra que podes ver máis polo miudo todo o que sucedeu en decembro, máis aló do que vos contamos aquí, nas ligazóns que podedes atopar ó comezo desta publicación.