(2021-2022) E ademais en novembro... sucedeu todo isto en Infantil 2
Ó longo do mes de novembro, na nosa aula, sucedeu todo isto que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 27/11/21: (2021-2022) Creamos un ovo saltarín no exeperimento deste mes. Queres ver como se fai?
- 29/11/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de novembro
- 12/11/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos o Magosto en Infantil
- 05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"
Pero ademáis, no día a día en Infantil 2, tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:
O día 25 de novembro celebramos o "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres", creando e poñéndonos o lazo morado representativo...
... e participando na creación da árbore "para a igualdade" no muro do colexio, xunto ós demais compañeiros e compañeiras do colexio. Nós encargámonos de estampar a nosas mans de cor morado.
Así de xenial quedou rematado.
Podes ver como o creamos no seguinte vídeo:
Deixamos tamén as nosas impresións sobre esta data tan sinalada, no programa que gravamos na "radio escolar".
Continuamos a completar o noso dicionario xigante para logo encher os dicionarios individuais, coas nosas palabras favoritas.
Escribindo a palabra na aplicación do "dicionario" (que podes atopar no recanto de infantil) e, imprimindo tantas fotos delas como precisaríamos.
Participamos no concurso para elixir un nome e un logotipo da nosa radio escolar. Nunhas semanas saberemos cal foi o escollido, de entre os elaborados polos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Continuamos a desenvolver as nosas habilidades creativas...
... experimentando con diferentes técnicas
Participamos na gravación dun podcast xunto a tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Ós de Infantil correspondeunos falar dos morcegos.
E ata recibimos un agasallo, feito con follas, elaborado polos nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º; que fixeron coa profe Bea de inglés (podes ver a publicación correspondente no recanto de inglés). Quedou así de fantástico no corredor da zona de infantil do colexio.
Agora en decembro, preto xa do Nadal, están a acontecer unha chea de cousas. Poderedes velas en futuras entradas deste blog.