(2021-2022) Así celebramos o Magosto en Infantil
Un curso máis, coa chegada do outono celebramos o Magosto en infantil. Despois de non poder celebralo o pasado curso, por mor da COVID-19, este curso voltaríamos a celebralo no "monte de San Antoniño".
Visitamos a páxina web do colexio para lembrar como o celebráramos en cursos anteriores. Visualizamos tamén o mapa do percorrido, posto que subiríamos en autobús e baixaríamos camiñando. Preparamos tamén os nosos cestos e as castañas quee, cos compañeiros e compañeiras de primaria, fomos xuntando.
O 11 de novembro xa estabamos todos e todas preparados para partir cara a "San Antoniño", onde celebraríamos o magosto. Subiríamos en autobús.
Cando chegamos, xa estaba o profe XOSE LUIS preparando as castañas.
Mentras se facían as castañas e agardábamos a que comezasen os xogos, exploramos o contorno descubrindo un petroglifo e outras moitas cousas.
Fixemos unhas fotos de grupo de recordo.
Rematada a nosa exploración, participamos nos xogos do Magosto que organizou o profe Paulo. Foron xeniais.
Algúns dos xogos facíanse con castañas, como o "come-castañas".
Rematados os xogos chegou o momento da merenda...
... e cando rematou era a hora de comer as castañas.
Usamos os cestos que fixéramos na clase para meter dentro as castañas asadas, que estaban moi quentiñas.
Estaban boísimas.
Rematada a xornada era o momento baixar camiñando ata o colexio.
Xa preto do colexio pasamos pla casa de ENZO, onde nos presentou o seu can "ZUMA".
Por fin chegamos ó colexio, rematando a noso percorrido a pel polo monte.
Foi un día fantástico!
Podes ver a celebración de todo o colexio na seguinte entrada.
11/11/21: (2021-2022) Magosto 2021 en San Antonio