Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

Despois dunhas primeiras semanas de atapación dos novos compañeiras e compañeiras a Infantil 2, por fin puidemos poñernos mans á obra e iniciar unha nova investigación na aula. A primeira dese curso.

Antes de comezar lembramos, visitando entradas antigas da web, como foi todo o proceso da investigación que levamos a cabo o curso pasado, cando investigamos os ponis. Fomos comentándoo cos novos compañeiros e compañeiras.

     

Para escoller o tema a investigar, despois de varios diálogos e debates, acordamos propoñer unha serie de temas que nos interesaban. Cando cada quen propoñía un tema, tiña que argumentar que aspectos concretos do mesmo quería descubrir.

     

Despois de levar a cabo unha votación a "man alzada", quedamos con 4 finalistas. Entre eles levaríamos a cabo unha nova votación, xa en furna,  da que sairía o tema de investigación que levaríamos a cabo. 

Para elo preparamos as papeletas de votación, escollendo as imaxes dos temas entre todos e todas.

      

Xa coas papeletas listas organizamos a mesa electoral, na que CLAUDIA, encargada dese día, fixo as veces de presidenta para "vixiar a limpeza de todo o proceso" ;).

     

Para poder votar, cada compañeiro ou compañeira, tiña que traer a súa papeleta cuberta, ben dobrada, co tema que elixira rodeado. Tamén tiña que traer o seu carnet "para confirmar a súa identidade" e que tiña dereito a depositar o seu voto.

A presidenta da mesa foi anotando nunha lista, a medida que iamos votando todos e todas, para evitar que alguén puidese votar máis dunha vez.

       

Rematada a votación chegou o momento de facer o reconto de votos...

    

.... con este resultado final. O tema elexido foron "OS CANS SALCHICHA".

    

Xa co tema elixido comezamos a preparar o "mural da investigación", anotando nel o títuo do tema e escollendo, imprimindo e recortando, unha imaxe representativa que buscamos en internet.

      

Tamén acordamos entre todos e todas, que co descuberto, crearíamos unha exposición para contarllo ó todo o mundo xunto cun pequeno documental.

Plasmámolo tamén no mural, para telo presente sempre, tanto escrito como cunha imaxe representativa que buscamos por equipos en internet.

    

Entre todos e todas fomos anotando os nosos coñementos previos: 

       

E todo o que queríamos descubrir na investigación.

       

Tamén anotamos onde poderíamos buscar a información, preparando unha nota para levar a casa, pedindo axuda ás nosas familias.

       

Agora tan só nos queda agardar uns días, mentras preparamos a celebración do Magosto, para ir recopilando toda a información posible sobre o tema, e poder iniciar a busca e respostas. Tanto en papel como en formato dixital, no noso recanto da investigación da web.

     

Se tes algún tipo de información sobre este tema, estamos encantados de recibila en infantilcampolameiro@gmail.com 

   

Xa vos contaremos nas sucesivas entradas deste mesmo blog, como nos vai na nosa investigación. Permanecede atentos.

    

      

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.