(2021-2022) E ademais, no mes de outubro en Infantil 2, sucedeu todo isto.
Ó longo das últimas semanas, na nosa aula, sucedeu todo isto que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 29/10/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Polo Samaín creamos unha casiña de cocholate “xigante” e participamos nos obradoiros do centro
- 29/10/21: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do mes de outubro en Infantil.
- 19/10/21: (2021-2022) Experimentamos coa luz negra. Xa podes ver o vídeo que creamos explicándoo.
- 01/10/21: (2021-2022) Acordamos e refacemos as normas da nosa aula
Pero ademáis, no día a día en Infantil 2, tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido do que, de seguro, xa vos falaron os vosos fillos e fillas:
O encargado de cada día ten moitas reponsabilidades ese día: ordenar as letras do seu nome na árbore do encargado, completar o calendario online co seu canet QR (marcar o tempo, temperatura, quen está no colexio e quen falta, datas sinaladas, aniversarios...), organizar as entradas e saídas, etc.
Por suposto tamén se encarga de que todos e todas lavemos as mans con xabón.
E non pode esquecerse de darlle de comer ás nosas tartarugas: RAYO e EVAN.
Diariamente comentamos todo o que queiramos na nosa asamblea diaria, onde aprendemos respectar as quendas de palabra, as opións dos outros e, sobre todo, desenvolvemos a nosa expresión e comunicación oral.
Obviamente existen outros momentos ó longo da xornada na que tamén existen momentos de diálogo, tanto en gran grupo como dentro dos equipos cooperativos, presentes en moitos dos traballos que levamos a cabo.
Comezamos a completar dicionario xigante, coas nosas palabras favoritas de cada letra. Deste xeito podemos ir completando tamén o noso diccionario individual, escollendo de entre todas elas as que queiramos incluír.
Este dicionario invidual comezámolo en 3 anos, cando entramos no colexio, e rematámolo cando imos para primaria. Desde xeito podemos ver como fomos evolucionando no noso proceso de aproximación á lecto-escritura, a medida que fomos medrando e madurando.
Para facelo decidimos, nun diálogo, entre todos e todas que palabras poñer, buscámolas no dicionario online, e imprimimos a foto grande (para o xigante), así como tantas pequenas como pensamos que precisaremos para os dicionarios individuais.
Comezamos o préstamo de libros da biblioteca de aula, que levamos para casa dos venres. Deste xeito cada un de nós escolle o libro que quere levar e, usando o seu carnet QR na aplicación da biblioteca online, consigue imprimir a portada do libro (se introduce correctamente o número do mesmo).
Con esa portada pode completar o seu libro de rexistos en papel. Segundo a idade completarán máis ou menos datos.
A profe ZAIRA, proponnos cada semana diferentes xogos para desenvolver a nosa "lóxica matemática".
Sempre son moi divertidos e nos que, habitualmente, traballamos por equipos. Con eles ademais de afondar no traballo de aspectos lóxico-matemáticos, tamén desenvolvemos a nosa atención, hábitos e cooperación e usod do diálogo para chegar a acordos.
Tamén adicamos algún anaco a xogar no EDI, como ó xogo de memoria, que permite que desenvolvamos a nosa atención e memoria, así como moitos outros: ós que tamén podedes xogar na casa, e que atoparedes no recanto de infantil desta mesma web.
Durante as merenda comezamos a facer o rexistro de "merendas saudables" que, tal como sucedera no curso pasado, organizou o profe PAULO.
Por suposto, tamén adicamos tempo da xornada ó xogo libre que permite a socialización, a resolución de conflictos, aprender a través do xogo simbólico..., tanto na aula como no patio, como por exemplo nos recreos.
Antes de rematar o mes, e xusto coincidindo coa semana na que celebramos o Samaín (que podes ver noutra entrada), participamos nas actividades organizada pola Biblioteca pública do Concello, para celebrar o "Día internacional das Bibliotecas"
Alí coñecimos a Cruz, a responsable da Biblioteca pública, quen nos tiña preparadas unha chea de propostas.
Deste xeito rematou o mes de outubro, no que tamén, comezamos a "ogranizar" un novo proxecto de investigación que comezaremos a vindeira semana, e comezamos a traballar cos nosos robots educativos.
Pero diso xa vos iremos contando en próximas entradas deste blog.