(2020-2021) Tamén sucedeu todo isto na nosa aula no mes de xuño, antes de rematar o curso
Durante as últimas semanas do curso, ademais de todo o que xa vos contamos nestas entradas anteriores, tamén sucedeu todo isto na nosa:
28/06/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Atopamos os tesouros escondidos seguindo un mapa
20/06/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Tamén celebramos os aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumpren anos en verán.
12/06/21: (2020-20201) Traballamos con robots na aula, antes de rematar o curso.
12/06/21: (2020-2021) Experimentamos coa capilaridade. Queres facer unha ponte de cores? Contámoscho en vídeo
05/06/21: [Infantil xuntos] (2020-2021) Percorremos un roteiro polo Día da natureza
Rematamos o noso dicionario xigante e nosos dicionarios individuais, que xa están nas nosas casas para que poidades velos. O vindeiro curso continuaremos completándoo, para observar a nosa evolución ó longo dos cursos.
O profe Paulo entregounos, xunto ós restantes compañeiros e compañeiras do colexio, os premios ás merendas saudables:
Despedímonos da biblioteca do centro ata o vindeiro curso.
Seguimos a coidar de Rayo e Evan, as nosas tartarugas. Durante os meses de vacacións o profe Óscar encargarase de coidalas, ata que voltemos ó colexio.
Tamén rematamos o noso rexistro de libros, que levamos para casa da biblioteca de aula. Tamén fixemos un reconto dos libros que levamos máis veces.
Aproveitamos para merendar nas novas mesas que temos no patio.
Creamos o noso libro de cadros, coas creacións que fixemos ó longo de todo o curso, reinterpretando obras pictóricas coñecidas.
Preparamos un agasallo de despedida para profe Cristina, que marcha para outro colexio o vindeiro curso.