(2020-2021) Percorremos un roteiro polo Día da natureza
Para celebrar o Día da Natureza, todo o centro participou en diferentes roteiros pola contorna.
Anotamos a data no calendario online para non esquecernos, e poder así contar candos días faltaba para o día sinalado.
No caso de Infantil, 1º e 2º participaríamos percorrendo unha ruta que descubrimos antes, para coñecer por onde pasaríamos, nun mapa online interactivo.
Completamos o noso mapa, indicando os lugares por onde pasaríamos, tal como descubríramos anteriormente.
Pegamos imaxes dos lugares relevantes polos que pasaríamos, poñéndoas na orde correcta (sinalados por números). Tamén escribimos o nome dos lugares que percorría o roteiro.
Cando chegou o gran día preparámonos para facer o percorrido. Por suposto levamos o mapa para saber por onde íamos pasar.
Pouco a pouco fomos identificando os diferentes lugares que xa tiñamos sinalados.
Ata que nos metimos dentro do monte, para comezar un fantástico percorrido pola natureza.
Cando chegamos ó lugar sinalado, fixemos un descanso para tomar as nosas merendas "saudables".
Retomamos a ruta, de volta para o colexio.
Como durante todo o percorrido, por por das restricións pola COVID-19, tivemos que ir separados dos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.
Antes de chegar ó colexio atopámonos, tal como tiñamos sinalado no mapa, cos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estaban alí agardando para saudarnos.
Foi un percorrido fantástico, que agardamos repetir noutro momento.