FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2024-2025
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
2024-2025
A QUEN VAI DIRIXIDO?
- Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3ºe 4º de E.P. Os de 5º e 6º xa teñen EDIXGAL.
- Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de E.P
- Axudas para adquirir material escolar para toda a E.P, DE 1º a 6º.
PRAZOS: Do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 (ámbolos dous incluídos).
COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:
Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Debido á actual situación, presentaranse preferentemente nos formularios dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros , incluíndo o sistema de usuario e Chave365 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021
Presencial con asistencia da aplicación
Na aplicación «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros, cubra e imprima os ANEXOS I e II producidos e presenteos no centro educativo.
Presentación presencial no centro
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes, descargándoas previamente na páxina https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl (solicitude presencial, Anexos I e II), na web do centro, ou ben recollendo os formularios na secretaría do centro.
QUE TEÑO QUE ENTREGAR?
Anexo I debidamente cuberto.
Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia
A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:
- Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.
*NOTAS ACLARATORIAS
O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.
Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
A non devolución dos libros de texto, sexan do curso actual ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/2025.
- O código do centro que se vos pide na solicitude é 36000685
ONDE ENTREGAR AS SOLICITUDES:
- Como norma xeral, onde estea matriculado durante o prazo de entrega das solicitudes.
- O alumnado que xa fixo a reserva, no centro de adscrición (no I.E.S A Xunqueira I).
- O alumnos que estean pendentes de admisión, no centro actual, de orixe.
NORMATIVA: ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Os prazos son os que están en arquivo adxunto máis abaixo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
fondolibros normativa.pdf | 1.3 MB |
Anexo 1 e 2 fondo libros curso 24-25.pdf | 3.49 MB |
libros 1º 2º 3º 4º 5º 6º curso 24-25.pdf | 61.78 KB |
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS.pdf | 110.01 KB |
SOLICITUDES VALES.pdf | 76.09 KB |