(2020-2021) Descubrimos o MBOT, e moito máis, nas experiencias de robótica na aula.
Como xa vos fomos contando en entradas anteriores, estivemos traballando con diferentes robots na aula.
Durante as últimas semanas incorporamos ó M-BOT á nosa "familia robótica".
Descubrimos e observamos tódalas partes que tiña, como se acendía e como programalo.
A diferencia dos outros que xa coñecíamos, este programábase empregando un programa no ordenador. "O programa do panda".
Con diferentes instrucións conseguimos que camiñase e parase, e ata logramos que marcara goles na portería empuxando unha pelota.
Tamén escribimos mensaxes na súa pantalla traseira, debuxándoo no programa da pantalla.
Descubrimos como programar o Beebot a partir da interpretación de códigos escritos na pantalla.
Xogamos tamén a descubrir cal era o código que lían os Ozobots, e a que tarxeta se correspondía cada un deles, a partir da observación das accións e movemento do robot, ó pasar sobre eles.
Logo, xa por equipos, xogamos a adiviñar os códigos que iamos poñendo uns ós outros