Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Prantamos froiteiras polo "Día da árbore"

O pasado luns 22 de marzo, prantamos cinco árbores froiteiras para conmemorar o Día da Árbore 2021. Dita actividade, tamén estivo enmarcada dentro do noso proxecto de biblioteca "Eco-bio-san", no que buscamos fomentar a alimentación saudable, o consumo sostible e os hábitos de vida saudables.

Despois de comprar as árbores e organizar os espazos onde iamos prantar as froiteiras, puxémonos mans á obra.

Os nenos e nenas de infantil prantaron unha maceira e unha pereira. Coma sempre, puxéronlle moitas ganas!

Os alumnos/as de 1º e 2º escolleron unha ameixeira e deixárona moi ben prantadiña.

Como aos alumnos/as de 3º e 4º lles encantan os melocotóns, decidíronse por esta froiteira tan exquisita.

Finalmente, os nenos/as de 5º e 6º decantáronse por un cítrico, un fermoso mandarineiro.

Agora só queda regalos e mimalos para que poidamos desfrutar dos seus ricos froitos!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 9 invitados conectados.