(2020-2021) E ademais, no mes de febreiro, na nosa aula sucedeu todo isto.
Ó longo das pasadas semanas na nosa aula, tal como xa vos contamos nas respectivas entradas deste blogue, continuamos a investigar sobre os Ponis, levamos a cabo experimentos ciéntificos, celebramos os aniversarios, traballamos e celebramos o Entroido, viaxamos polo mundo co noso pasaporte polo día da Paz e continuamos a coidar das nosas leitugas no invernadoiro.
Pero ademais tamén tivo lugar todo isto:
Coa chegada do novo mes anotamos no calendario online as datas máis significativas.
Cada xornada o encargado foi marcando cada día, sinalou o tempo que fai e controlou se estabamos todos ou non ese día.
O encargado non debe esquecerse de darlle de comer ás nosas tartarugas, e de organizar o lavado de mans.
Continuamos a completar o noso dicionario xigante, coas palabras favoritas que escollemos cada semana.
Por suposto tamén continúan a medrar os nosos dicionarios individuais.
Seguimos a levar libros da biblioteca da aula os venres para casa, anotándoos na aplicación online usando o carnet QR; para usar a portada que imprimimos no rexistro individual.
Participamos na actividade de merendas saudables, que organizou o pofe PAULO. Cada día imos anotando as merendas saúdables que traemos.
Aproveitamos os poucos días de bo tempo que houbo, para xogar no patio... e ata merendar alí (que nos encanta)
Continuamos a reinterpretar artísticamente obras de pintores famosos, que se corresponden coas letra da semana no dicionario xigante. Deste xeito imos completando a nosa carpeta de "pinturas", que poderemos levar para casa cando remate o curso.
Participamos na creación dun "vídeo-poema", xunto a todos os compañeiros e compañeiras do centro, para celebrar día de Rosalía de Castro.
Podes ver o ben que quedou o vídeo de seguido. A ver se podes atoparnos.
Nos vindeiros días remataremos a nosa investigación sobre os ponis, e levaremos a cabo outra serie de tarefas na aula
Como sempre poderedes estar ó tanto de todo o que suceda en entradas deste blogue.