Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2020-2021) Viaxamos polo mundo, co noso pasaporte, creando vídeos polo Día da Paz. Queres velos?

Durante a semana anterior á celebración do "Día da Paz" en Infantil viaxamos polo mundo, para descubrir diferentes culturas e formas de vida. Completando o noso "pasaporte" en cada viaxe.

De cada un dos lugares "trouxemos un recordo en vídeo", que fomos creando despois de investigar sobre ese país.

Podes ver os vídeos que elaborou cada un dos equipos de seguido, facendo click na seguinte imaxe (ou entrando en O Cervo TV).

 

Para poder facer estes vídeos o primeiro foi descubrir os seis países que visitaríamos, coñecendo os aspectos máis importantes da súa cultura: como falan, que comen, onde se atopan, datos relevantes...

 

  

Xa cos destinos repartidos por equipos, cada un deles foi anotando nun listado os datos máis importantes que contarían no seu vídeo.

 

  

Con eses datos listos, e despois de térense organizado dentro de cada equipo, foron gravando as diferentes tomas do seu vídeo diante do "chroma", no que logo aparecerían outras imaxes e vídeos relacionados.

  

Mentres os profes ían "montando" os vídeos, creamos os nosos pasaportes, como proba das nosas viaxes. Coloreando as bandeiras de cada un dos países.

 

Escribindo o nome de cada país e completando os nosos datos persoais: nome e foto. 

  

Marcando no mapa onde se atopaban os seis países visitados.

 

 

Por último, na folla de cada país, pegamos un código QR do vídeo que, o equipo correspondente, creara sobre ese país.

  

Probamos cunha tableta que, efectivamente, os códigos funcionaban correctamente e amosaban o vídeo que correspondía.

 

 

Queres ver como quedou o noso pasaporte?, podes velo facendo click no seguinte libro dixital.

    

Visionamos os nosos vídeos e fixemos unha valoración crítica dos mesmos. A ti que che parecen?

 

 

E, por suposto, bailamos moitísimo con cada vídeo.

  

Xa de volta da nosa viaxe polo mundo, os nenos e nenas de ámbalas dúas aulas, fixeron as súas "froitas da paz", para pegalas na árbore que crearíamos xunto ó resto de compañeiros e compañeiras do colexio.

Escribimos palabras relacionadas coa paz, para poder escoller entre elas.

 

Cada quen escolleu a súa palabra favorita da "Paz" e escribiuna na froita que elexiu. Coloreándoa e recortándoa para que quedaran listas.

  

Cando chegou o día da celebración do día Paz no colexio, participamos na construición da árbore, pegando as nosas froitas xunto ás dos compañeiros e compañeiras.

  

Tamén bailamos a canción "El mismo sol" xunto ós demais cursos do colexio. Cunha coreografía que nos ensinara o profe Jose Luis de música.

   

Podes atopar máis información sobre esta celebración, e ver o vídeo do baile, na seguinte ligazón:

Blog da biblioteca (2020-2021) Celebramos o Día da Paz, cunha árbore de desexos e un baile. Queres velo?

   

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 13 invitados conectados.