(2019-2020) Aprendendo a alimentarnos con Lidia Folgar
Enmarcado no proxecto da Biblioteca Escolar do centro:
" ECO,BIO,SAN ...Cada día nos alimentamos máis ", e dentro do espazo destinado á Escola de Familias, o pasado martes contamos coa presenza de Lidia Folgar no salón de actos...
Dietista-nutricionista e membro da Academia Española de Nutrición e Dietética, ademais de ser autora de varios libros relacionados coa alimentación, nos relatou a importancia de alimentarse e comer de maneira sana.
Ademais de formarnos e informarnos das vantaxes e desvantaxes de alimentarnos dunha ou outra maneira, tamén houbo tempo para a reflexión... Tempoo para botar unha ollada as nosas neveiras e pensar que sobra e que fai falta nelas...
Foron moitas as preguntas que xurxiron e moitas tamén as que, por falta de tempo, quedaron sen expoñer. De todos os xeitos foi unha charla necesaria para aprender un pouquiño máis a facer mellor as cousas.