(2019-2020) O profesorado do colexio fórmase sobre a radio escolar e a súa finalidade didáctica.
O 4 de marzo os mestres a mestras do CEIP Pedro Antonio Cerviño participaron nunha formación, que tivo lugar no propio centro, sobre o "uso didáctico da radio escolar".
A sesión de traballo, enmarcada dentro do Seminario "E-Dixgal" do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro, contou coa presenza da meirande parte do profesorado; quenes asistiron á docencia de Javier Prado Espiñeira.
Despois de descubrir como pode empregarse a radio escolar nas aulas, con finalidade didáctica, chegouo o momento de poñelo en práctica en primeira persoa.
Agradecemos a Javier Prado Espiñeira a fantástica sesión que nos propuxo, así como as experiencias tan enriquecedoras que nos relatou.
Agardamos poder poñer moi pronto en funcionamento a nosa propia radio escolar, dentro das actividades enmarcadas no PlanBE da Biblioteca Escolar.