(2019-2020) Descubrimos a diversidade funcional na semana da Paz
Durante a última semana do mes de xaneiro, para afondar na celebración do día da Paz, estivemos descubrindo como é a vida das persoas con "diversidade funcional".
Cada un dos días fomos coñecendo como fan deporte este tipo de persoas, descubrindo todo o mundo pode conseguir o que se propoña. Podes ver estes vídeos no recanto de infantil desde aquí.
A profe Marta ensinounos como poden comunicarse as persoas xordas ou con dificultades de audición, posto que ela coñece a lingua de signos.
Os compañeiras e compañeiros de Rodando Pontevedra, viñeron a contarnos como poden "empregar bicicletas" as persoas con problemas de mobilidade.
Déronnos a cada un un agasallo feito por eles.
Noutra ocasión, dúas profesionais da ONCE, viñeron a contarnos como vive a xente cega.
Aprendimos a empregar a bastón e a poñernos na pel destas persoas.
Outra das compañeiras da ONCE ensinounos como escribir en Braille, e ata puidemos escribir cunhas máquinas especiais.
Para celebrar o Día da Paz, participamos nunha actividade organizada no centro, consistente en debuxar os nosos pes e poñer en cada un deles unha mensaxe de paz.
Con eles fixemos un camiño que percorre as escaleiras e chegue ata a porta.
Durante o acto de celebración, cada un dos cursos recitou unha poesía sobre a Paz, os de infanti recitamos cadansúa.
E todos e todas xuntos interpretamos esta fantástica canción que podes ver de seguido.
E como remate desta semana xogamos, xunto cos compañeiros e compañeiras de primaria, a diferentes xogos adaptados, como os que puidemos ver nos vídeos.