(2019-2020) Continuamos aprendendo cos robots superando retos: Beebot, Probot e M-bot
Durante estas últimas semanas continuamos a traballar cos robots nas nosas aulas, levando a cabo diferentes retos que nos plantexan os profes.
Co Beebot percorrimos un número debuxado con baldosas no chan, que previamente construimos, e fomos inventando un "código de programación" que logo introducíamos no beebot...
Despois dalgúns axustes de código... demos conseguido o reto de que o percorrera "el so"
Noutra ocasión xogamos a "tirar o dado" e que o Beebot buscase o número que saía... segundo estivera colocado non era tan doado programalo para que chegase ata o número correspondente.
Despois de varios intentos, e aprendendo dos "erros de programación" que cometíamos fomos superando o reto plantexado.
Buscamos a solución un gran reto: Poderían o beebot e o probot recorrer parte do corredor?
Para o beebot fomos contando e colocando tódalas baldosas que facían falta para percrorrer a enorme alfombra.
E programamos sen problema o beebot para que chegase o seu destino. Era moi doado, tan so había que pedirlle que andivese para diante a cantdidade de baldosas que contaramos.
Para que o Probot, que camiña por centímetros, e non por baldosas, fixese o mesmo percorrido tivemos que plantexar diferentes hipóteses. Como os maiores xa sabían como funcionaba plantexaron que o mellor sería usar o metro para medir a distancia que había.
E programamos o probot indicando o número de centímetros que marcaba no metro.
Chegou á meta sen problemas:). Reto superado.
Descubrimos o M-bot, un robot que usan moito os maiores de primaria, e co que conseguimos que "marcase un gol"
O primeiro foi observalo, tocalo e descubrir todo o que tiña dentro e facía funcionase.
Este robot prográmase no ordenador, así que tivemos que ir descubrindo as instrucións que facían falta, pedíndolles os profes que puxeran as indicadas cando as ían lendo.
Continuaremos a traballar con diferentes robots nas vindeiras semanas. Como sempre poderedes estar a tando do que fagamos neste blogue.