(2019-2020) E ademais... no mes de novembro en Infantil 2
Ó longo deste mes de novembro, ademais de celebrar o Magosto, continuar co proxecto de investigación sobre os Pokemon, traballar cos nosos robots, levar a cabo experimentos científicos e continuar a descubrir os diferentes sabores do mundo; tamén sucedu todo isto na nosa aula.
Os novos compañeiros e compañeiras xa levan a cabo as rutinas do encargado con total autonomía, sobre todo usando o calendario online.
As nosas tartarugas continúan medrando grazas ós nosos coidados.
Descubrimos todo o que esconden os libros da nosa biblioteca de aula, que levamos tamén para casa un día a semana anotándoo usando a aplicación online na que, escribindo o número do libro, podemos imprimir a súa portada usando noso carnet QR.
Exploramos a nosa creatividade coa témpera.
Participamos no vídeo creado polo Concello de Campo Lameiro, polo día da "loita contra o violencia de xénero", e asistimos á súa presentación nun ácto público no Concello.
Contribuímos depositando os nosos restos orgánicos, das merendas, no composteiro do colexio.
Continúamos a engadir as nosas palabras favoritas nun novo Diccionario Xigante.
Xogamos pensar con imaxes ocultas e vídeos, participando en diálogos que fan que desenvolvamos os nosos pilares de pensamento.
Coa profe Yolanda seguimos a descubrir aspectos de lóxica matemática.
Lembra que podes ver todo o que sucedeu neste mes, ademais do que xa contamos aquí, nas diferentes entradas publicadas neste blogue de infantil 2.